Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

20-21 DE XULLO: CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN EN MUGUEIMES
20-21 DE XULLO: CAMPAMENTO SOCIAL DE VERÁN EN MUGUEIMES
Data:
20/07/2019
LUGAR: Camping O Corgo. Mugueimes (Muíños) Parque Natural de Outeiro de Cela
DATAS: 20 e 21 de Xullo

A petición de moitos dos que xa o disfrutamos, este ano volveremos ao camping O Corgo, situado á beira do encoro das Conchas no Parque Natural de Outeiro de Cela.
O campamento dará comezo o sábado a partir das 12h, coa recepción das persoas participantes. Despois de xantar poderemos gozar dun paseo ou unha ruta en bici, percorrendo as inmediacións do encoro. Pola noite prepararemos e degustaremos todos xuntos un delicioso churrasco á cargo da organización.
O domingo pola mañán teremos á nosa disposición piraguas, esta vez sen monitor pero cun compañeiro/a de guía, para realizar a recomendable visita ás ruinas romanas, e á zona de baño augas termais.

*Para os que o desexen hai posibilidade de reservar o camping a noite do venres ao mesmo prezo.

PREZOS:
Camping: - Socios adultos: 7,00€ - Non socios: 10,00€ - Socios menores (ata 14 anos) de balde - Non socios menores (ata 14 anos): 5,00€
Albergue: - Socios adultos: 10,00€ - Non socios: 12:00€
Prezos de piragua: - Piragua individual: 10,00€ - Piragua remo banco móbil: 15,00€

Agardámoste!!



Data limite de inscrición:
12/07/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net