Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

14 DE XULLO: ROTEIRO RÍO XABRIÑA
14 DE XULLO: ROTEIRO RÍO XABRIÑA
Data:
14/07/2019
DATA: 14 de Xullo
LUGAR: Xabriña (Paraños – Covelo)
SAÍDA: 8h30 no Club
REGRESO: 20H30 ao Club
DIFICULTADE: Dificultade media- 15Km aproximadamente

DESCRIPCIÓN: A ruta comezará na Lamosa e rematamos en Paraños.
Xabriña… bonito nome, precioso río. Camiñaremos por levadas e pontellas de muíño en muíño. A destacar a arquitectura e enxeñería populares, e a frondosa e variada vexetación do bosque de ribeira. Ao remate observaremos un muíño en funcionamiento e visitaremos o lagar de cera,a eira e o museo. Esta actividade a coordinará Carmen.

PREZOS:
SOCIOS: 12€ (10€ reserva e pago anticipado ata o 5 de xullo)
NON SOCIOS: 14€ (12€ reserva e pago anticipado ata o 5 de xullo)

Animádevos!


Data limite de inscrición:
11/07/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net