Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

1 e 2 de XUÑO: XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. ETAPA 3 e 4 QUIROGA
1 e 2 de XUÑO: XEOPARQUE MONTAÑAS DO COUREL. ETAPA 3 e 4 QUIROGA
Data:
01/06/2019
DATAS: 1 e 2 de xuño
LUGAR: Quiroga (Lugo)
SAÍDA: 8:00h. o día 1 dende Concheiro (Avda Madrid)
CHEGADA: 20:30h o día 2 a Concheiro (Avda Madrid)

Nesta ocasión desenvolveranse as dúas etapas no concello de Quiroga. Tamén temos previsto visitar unha albariza e o Museo Xeolóxico e o Museo Etnografico, tamén en Quiroga.

Aproveitando que esta actividade se realizará na Semana dos Xeoparques Europeos o sábado faremos a ruta en colaboración co Club de Montaña Formigueiros de Quiroga e a Asociación Montañas do Courel. A ruta do sinclinal deitado das montañas do Courel desenvolverase en torno ao río Ferreiriño, desde o alto do Boi a Campodola e Leixazós, con parte do camiño tradicional a Pacios da Serra.
O domingo faremos a ruta prevista en torno ao río Quiroga ata Barxas para rematar en Besarredonda.

Prezos
- Autobús:
Socios 28€ (25€ Inscrición ata o día 24 de maio)
Socios con licencia por outro Club 30 (27€ antes do 24 de maio)
Socios ata 30 anos: 15€
Non socios: 36€ (Inscrición ata o día 24 de maio 33€)

- Aloxamento: Albergue de Quiroga
Noite: 10€
Almorzo: 3€
Posibilidade de encargar Cea

Non perdades a ocasión de vivir O Courel!

Data limite de inscrición:
27/05/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net