Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

24 de maio: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA e ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
24 de maio: ASEMBLEA XERAL ORDINARIA e ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Data:
24/05/2019
DATA: 24 de maio
HORA: 20:00H
LUGAR: Local Social

APRAZAMENTO DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Por problemas técnicos, a Xunta Directiva tivo que tomar a decisión de aprazar as asembleas do día 26 de abril ao 24 de maio. Rogamos disculpas.

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Segundo os artigos 20 e 21 dos nosos Estatutos, convocamos Asemblea Xeral Ordinaria o próximo día 24 de maio ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, no local social situado en Avda. Camelias 78 oficina K, segundo á orde do día que se expón a continuación:

Orde do día da Asemblea Xeral Ordinaria
1) Aprobación se procede, da acta da anteriore Asemblea Xeral
2) Presentación e aprobación, se procede da Memoria de actividades do ano 2018
3) Presentación e aprobación, se procede, das contas anuais de 2018
4) Incremento de cuotas sociais
5) Informe de locais visitados para futuro local social
6) Presentación e aprobación, do calendario de actividades do ano 2019
7) Presentación e aprobación se procede, do orzamento para o ano 2019
8) Propostas dos asociados
8) Rogos e preguntas

A acta anterior da Asemblea Xeral Ordinaria non será lida e estará á disposición dos socios na oficina do Club e/ou no Taboleiro de anuncios a partir do día 11/04/19, xunto ó Censo de socios con dereito a voto. A documentación: Balances e conta de resultados de 2018, estará dispoñible a partir do día 7 de maio.

As Propostas dos asociados deberán presentarse segundo os estatutos con 5 días de antelación a celebración da asemblea.

ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Ao remate da Asemblea Xeral Ordinaria convócase Asemblea Xeral Extraordianaria co único punto da orde do día seguinte:

1) Modificación logo de Club Montañeiros Celtas para incluír o nome de “Celtas”


Non ignores o dereito e deber de PARTICIPAR no funcionamento do teu CLUB.

PARTICIPA!!!
Data limite de inscrición:
24/05/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net