Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

12 DE MAIO: RIBEIRA SACRA- CABO DO MUNDO
12 DE MAIO: RIBEIRA SACRA- CABO DO MUNDO
Data:
12/05/2019
DATA: 12 de Maio
LUGAR: Ribeira Sacra
SAÍDA: 08H00
CHEGADA: 20H
PREZOS:
SOCIOS:16€ (14€ inscrición e pagado antes do 6 de maio)
NON SOCIOS: 19€ (17€ inscrición e pagado antes do 6 de maio)
Nesta primeira parte duns 15 Km. aproximadamente do PR-G 162 acompañaremos as augas do río Miño pola súa beira esquerda, a través da marabillosa esencia da ribeira sacra. Son terras escarpadas, traballadas polos viticultores heroicos, polo que se trata dun percorrido de constantes sube e baixa, con desniveis pronunciados, polo que son recomendables os bastóns e un bo calzado.
Desfrutaremos de marabillosas paisaxes, de pobos típicos, algún abandonado, así como de mosteiros e igrexas románicas. Comezaremos no Mosteiro de San Estevo de Ribas do Miño e acabaremos na incrible praia fluvial da Cova, onde poderemos tomar un café, unhas cañas, e darnos un paseo en kaiak.....
Animádevos...



Data limite de inscrición:
06/05/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net