Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

17-19 DE MAIO: CUBILLAS DE ARBÁS-MONTAÑA, FERRATAS E SENDEIROS
17-19 DE MAIO: CUBILLAS DE ARBÁS-MONTAÑA, FERRATAS E SENDEIROS
Data:
17/05/2019
DATAS: 17 a 19 de maio
LUGAR: Cubillas de Arbás (León)
SAÍDA: 17 de maio ás 6:00h do Club
REGRESO: 19 de maio ás 21 horas no Club.

Na ponte das Letras Galegas, disfrutaremos dun entorno calizo, para camiñar, ascender picos, atravesar unha ferrata e sobre todo compartir uns días no medio do que máis nos atrae: a montaña. Nesta ocasión en Cubillas de Arbás en León.

Día 17 de Maio
Opción FERRATAS:
Deixamos as mochilas no albergue e alí recolleremos o material reservado para facer as ferratas. Dende o propio albergue iremos directamente a pé á ferrata das Flores:
http://www.naturocio.net/wp-content/uploads/2017/01/Panel-informativo-Ferrata-Final.pdf
Ten unha duración estimada de 2 - 3 horas. Ao terminar a ferrata, continuaremos a ascensión ata chegar ao pico da Brazosa (1.937mts) e logo descender polo Reguerón ata o albergue.
Opción SENDEIROS:
Dende o propio albergue ascenderemos á cercana Peña Barragana (1.863 mts.) pola cabaña do pastor e o outeiro Ferreras. O descenso ao albergue farase por unha canle oposta á ascensión.
http://www.rutasmontanaasturias.com/2017/01/barragana-cubillas-arbas.html

Día 18 de maio
Opción MONTAÑA:
Dende Casares de Arbás ascenderemos ás Tres Marías e unha boa colección de cumes. Primeiro subiremos á pena Palero (1.883 mts), que aínda que parece inaccesible sen corda, pódese chegar ao cume cunha pequena trepada na que hai que utilizar as mans. Logo, a María de En medio (1.913 mts), María dos Corros (1.964 mts.), Pena Esquina (1.955 mts).
https://www.cotoyapindia.com/2015/05/las-tres-marias-y-pena-esquina.html
Opción SENDEIROS:
Ruta do Val de Arbás (12 km de percorrido e 470 metros de desnivel acumulado): Sáese dende Casares de Arbás, rodearemos as penas das Tres Marías pasando polo refuxio, outeiro Gistreo e atravesando un piñeiral que da paso ao val de Viadangos. Descendendo xunto ao río chegamos á aldea de Viadangos de Arbás. Dende o pobo se ascende ata a fonte e o outeiro do Turrón, que baixa de novo ata Casares.
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/valle-de-arbas-25810764

Día 19 de mayo:
Opción MONTAÑA:
Dende Cubillas de Arbás ascenderemos a Pena Barragana (1.863 mts.) pola cabaña do pastor e o outeiro Ferreras. Dende alí crestearemos para ir pasando polos cumes que se poñan a tiro: Pena negra (1.852 mts) Pena do Prado (1.853 mts), para logo descender polo val do regato Aronga ata o Caldas de Luna.
Opción SENDEIROS:
Saíndo tamén dende Cubillas de Arbás iremos dirección ao outeiro Aronga (1.631 mts) para logo baixar polo regato Aronga ata Caldas de Luna. No pobo existe unha bonita igrexa, un balneario, unha fonte e unha fermosa fervenza no Regato de Pincuejo.
En Caldas de Luna nos agarda o autobús aos dous grupos para levarnos de volta a Vigo.

PREZOS:
Autobús:
Socios: 50 € (42 € inscrición e pagado antes do 6 de maio).
Non socios: 60 € (50 € inscrición e pagado antes do 6 de maio)

Aloxamento no Albergue Naturocio Valle de Arbas (Cubillas de Arbás):
Albergue: 10€/noite
Almorzo: 3€/día
Cea: 9€/día

Prezos de aluguer do material para ferrata (hai que reservar):
Arnés, casco, disipadores e luvas: 12€
Só disipador: 6€

Data limite de inscrición:
10/05/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net