Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Espeleoloxia

30-31 DE MARZO: SAÍDA INFANTIL XUVENIL DE ESPELEOLOXÍA
30-31 DE MARZO: SAÍDA INFANTIL XUVENIL DE ESPELEOLOXÍA
Data:
30/03/2019
DATAS: 30-31 de marzo 2019
LUGAR: Cova de Praducelos (Pol-Lugo)
SAÍDA: Sábado 30 de marzo ás 10h dende o club (Avda. Camelias)
REGRESO: Domingo 31 de marzo sobre as 20h diante do club.

Este ano imos organizar esta saída para ter unha nova
experiencia espeleolóxica…imos durmir de vivac nunha cova!!!

Compaxinaremos a actividade espeleolóxica cun roteiro pola zona.

Necesaria licenza de espeleoloxía e autorización paterna (Documento adxunto)

Haberá que levar:
• Linterna frontal
• Prato, cubertos e tancarillo
• Saco e esterilla
• Utensilios de aseo
• Roupa de recambio (moi importante para durmir ben sequiños na cova)
• Calzado de recambio
• Roupa de abrigo
• Roupa para cova (funda ou roupa vella)
• Botas de goma ou calzado vello para cova
Os participantes terán que traer a comida do sábado e a do domingo, correndo a cea do sábado e mais o almorzo do domingo a cargo da organización.

O material para a pernocta na cova será proporcionado pola organización (levar saco e esterilla).

O desprazamento será en coches particulares.

O último día para apuntarse é o 27 de marzo!! (mércores) PREZO: a escote
Data limite de inscrición:
27/03/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net