Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

24 DE MARZO: RUTA CERDEDO-RÍO SEIXO
24 DE MARZO: RUTA CERDEDO-RÍO SEIXO
Data:
24/03/2019
DATA: 24 de marzo
LUGAR: Cerdedo
SAÍDA: 8:30H dende o club
REGRESO: 20H
PREZOS
SOCIOS: 12€
NON SOCIOS: 15€

Enlazaremos varias rutas señalizadas do municipio de Cerdedo: ruta Frei Martín Sarmiento e Sendeiro dos muíños do río Seixo e do Rego Cadavosa.

Comezamos a caminata no centro de Cerdedo, onde apreciamos o conxunto da igrexa de San Xoan. Seguindo os carteis da estrada nos diriximos á Calzada Romana. Tamén os carteis indican a ruta sendeirista Frei Martín Sarmiento.

Tras cruzar a ponte de San Antón sobre o río Castro nos atopamos de fronte coa pequena capela de San Antón acompañada do seu correspondente cruceiro. Se considera que a ponte é de orixe romana incorporando reformas medievais.

Seguiremos uns metros polo asfalto deixando a capela á nosa esquerda, aínda que pronto o abandonaremos para tomar un camiño empedrado que nos interna nun precioso bosque de carballos e castiñeiros. En Cabenca seguiremos o leito do río Seixo, afluente do Lérez.

Anímadevos!!


Data limite de inscrición:
20/03/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net