Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

6-16 AGOSTO:AZORES (TERCEIRA, PICO E SAN MIGUEL) PRAZAS AGOTADAS!
6-16 AGOSTO: AZORES (TERCEIRA, PICO E SAN MIGUEL). PRAZAS AGOTADAS!
Data:
06/08/2019
DATAS: Do 06 ao 16 de agosto
LUGAR: Illas Azores (Terceira, Pico e San Miguel) (Portugal)

PRAZAS AGOTADAS!

Viaxe: Vigo-Oporto-Terceira-Pico-San Miguel-Oporto-Vigo
6 agosto: Saída de Oporto 7:00h, chegada a Terceira sobre ás 11h.
16 agosto: Chegada a Oporto 0:15h

O 2019 naceu cunha idea distinta de pasar o tradicional campamento de agosto: botar unha ollada a terras volcánicas. Conos volcánicos, coladas de lava, grandes lagoas,… farannos vencer grandes desniveis para explorar o mundo volcánico de As Azores.
As Azores é un aquipélago de 9 illas portuguesas, illadas no medio do océano atlántico, onde se ubica o pico de máis altura de todo Portugal. Exploraremos as illas de Terceira, Pico e San Miguel, con posibilidades de visita a San Jorge e/ou Hortas e tamén a Santa María.

O aloxamento realizarase nas Pousadas da Xuventude, albergues e en cuartos colectivos de liteiras (En Terceira e en San Miguel hai 2 cuartos dobles).

Equipaxe: Facturación ata 23kg e bolsa/maleta de man 56x45x25cm (sen límite de peso)

Prezos:
- Prezo viaxe: socios con licencia polo Club: 250€. Socios con licencia por outro Club 270 €. Non socios 300€. (inclúe desprazamento Vigo-Oporto-Azores-Vigo)
- Prezo transporte illas: 170€. Inclúe: Transporte de Terceira a Pico en Barco, de Pico a San Miguel en avión e transporte preciso de aeroportos a Pousadas e para as rutas previstas.
- Prezo Aloxamento: 220€ socios adultos, menores 165€. Socios con licencia por outro Club 240€. Non socios 250€. Outras opcións consultar na oficina.

Prazos de pagos:
- 150€ inscrición
- 220€ ata o 25 de abril
- 270€ antes do 30 de xuño


Varios:
- Imprescindible licencia de montaña con cobertura na zona
- Recomendable: Tarxeta europea seguridade social

Información das rutas próximamente

PRAZAS LIMITADAS!


Data limite de inscrición:
10/07/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net