Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

10 DE MARZO: BARBANZA-MONTE DA CUROTA
10 DE MARZO: BARBANZA- MONTE DA CUROTA
Data:
10/03/2019
DATA: 10 de Marzo
Lugar: o Barbanza
Saída ás 8h30
Chegada ás 20h30

Arranca esta andaina das aforas da Pobra do Caramiñal. Subiremos por unha pista moi frondosa co ruido cantarín do Río Pedras que deixaremos á nosa dereita. Iremos ganando altura entre muíños abandonados, igrexas e vellas aldeas. Tras cruzar a ponte de Misarela chegaremos á confluencia dos ríos que alimentan o Río Pedras :o Barbanza e o San Xoan.
Durante uns 250 metros de desnivel seguimos o curso do San Xoan ladeando unha sucesión sorprendente de fervenzas e pozas naturais ata chegar á columna dorsal da Serra do Barbanza que nos desvela unha das paraxes da xeografía atlántica galega máis imborrable. A nosa andaina xira e se encamina ata os 592 metros do cumio do monte Curota

Técnicamente é unha ruta fácil e fisicamente apta a todos aqueles que non se enruguen con 500 metros de desnivel. É aconsellable levar soia de botas en bo estado, especialmente con chuvia, sendo o uso de bastóns moi aconsellable e conveniente incluso a aqueles que por altiva xuventude os desdeñan.

PREZOS:
SOCIOS: 12€
NON SOCIOS: 15€

Prégamosvos que vos inscribades a través deste enlace:

Data limite de inscrición:
06/03/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net