Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Sendeirismo

24 DE FEBREIRO: LUINTRA-A RUTA DO CONTRABANDO
24 DE FEBREIRO: LUINTRA-A RUTA DO CONTRABANDO
Data:
24/02/2019
Data: 24 de febreiro
Hora: Saída ás 08h30 e chegada ás 20h30

Distancia: +16 Km (Dificultade Media)

A Ruta do Contrabando é un sendeiro deseñado e habilitado pola Asociación “Móvete por Nogueira”. Trátase dun percorrido precioso pola Ribeira Sacra de Ourense, no que poderemos gozar coas vistas tanto do Miño coma do Sil.

Comezaremos en Luintra, (a ruta oficial ten o seu inicio na pequena aldea de Valdomar). Dende alí nos introduciremos xa no frondoso bosque, no que atoparemos castiñeiros centenarios e todo tipo de especies autóctonas. Ademais, pronto chegaremos á zona de “Os Muíños”, onde atoparemos varios muíños hidráulicos rescatados da maleza e dispostos ao longo dun pequeno regato.

Pouco a pouco iremos descendendo cara a zona de A Casanova, a través de estreitos sendeiros, e pasando xunto a unha antiga alvariza, un antigo refuxio utilizado antigamente por contrabandistas. Dende alí, a paisaxe cambia, o bosque ábrese e entraremos nunha zona de pequenas aldeas, hortas e viñedos.

A última destas aldeas será A Penalba, dende onde poderemos contemplar o Miño. Dende alí comezaremos a ascender sempre por camiños tradicionais baixo o bosque, entre muros cubertos por musgo.

Ao terminar de subir chegaremos á zona de Moura, onde de novo abra o bosque para dar paso a aldeas, prados e campos de cultivo. Alí se atopa o Miradoiro de Lampa , que nos ofrece unhas vistas estupendas do Sil.

Despois do miradoiro atravesamos unha zona de rochas graníticas con diversas formas. Alí está o Penedo do Trigo, os Penedos de Rufino, A Pena do Altar…e coma non, A Pena Longa.

Para rematar a ruta pasaremos moi cerquiña das Cabanas de Moura, un conxunto de mámoas antes de continuar de novo polo bosque en dirección a Valdomar e terminar en Luintra

PREZOS:
SOCIOS: 12€
NON SOCIOS: 15€

Prégamosvos que vos inscribades a través deste enlace:



Data limite de inscrición:
19/02/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net