Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Bici de Montaña

10 DE FEBREIRO: SAÍDA BTT HÍO
10 DE FEBREIRO: SAÍDA BTT HÍO
Data:
10/02/2019
Ruta ciclo turista circular por Entremuiños, Os Castros, Costa da Vela e Montes do Hío no Morrazo.
Data: 10/02/2019
Hora e lugar de saída: As 9:00 da Iglesia do Hío. Chegada no mesmo lugar.
Distancia e tempo: 28 Km. 4 horas mais ou menos.
Dificultade: Moi fácil con algunha chincheta.
Forma física: Moitas ganas de pasalo ben.
Material: Bicicleta (non moto) casco e frontal (imprescindible).
Observacións: Ruta moi recomendable para forancheir@s e xa sabedes vinde asead@s, ...s e ...s polo que poida pasar.
Descrición da ruta:
Sairemos as 9:00 da Iglesia do Hío cara o Viso, Limens, Outeiro e Balea onde poderemos tomar un refrixerante no Capri.
Seguiremos cara Areamilla, Entremuiños, As Furnas, Santa Marta para acabar na praia de Liméns e comezar a subida a Nerga.
Pasaremos por Temperáns e Os Castros para rematar na Praia de Nerga para seguir hasta Viñó onde nos dirixiremos cara Punta Subrido, Melide Punta Robaleira e cabo Home.
Unha vez que cheguemos a aldea castrexa de Donón poderemos tomar outro refrixerante para encarar a subida o mítico Monte Facho onde poderemos alabar o noso deus Berobreo.
Continuaremos polos montes de Donón e O Hío facendo un forte descenso hasta o Iglesario do Hío onde reporemos forzas aforanchando.
Tras asearnos, iremos a un furancho en Chamiceira para repoñer forzas dando conta dun sabroso cocido. O prezo será de 10 euros máis o viño que se beba.
Hai que anotarse no club indicando se se vai quedar ó xantar.
Data límite o Xoves 7.

Agardámosvos!!!
Data limite de inscrición:
07/02/2019



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net