Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Montaña

4 a 15 de agosto: SELVA DE OZA. PARQUE NATURAL VALLES OCCIDENTAIS
4 a 15 de agosto: SELVA DE OZA. PARQUE NATURAL VALLES OCCIDENTAIS
Data:
04/08/2018
DATA: 4 a 15 de agosto
LUGAR: PIRENEOS OCCIDENTAIS. SELVA DE OZA. VAL DE HECHO
SAÍDA: Día 3 ás 12 da noite.
REGRESO: Día 15 ás 21h aprox.

Adentrarémonos no Pireneo Aragonés dende o Val de Hecho, onde teremos a base do campamento. Aloxarémonos no camping Hecho con excelentes instalacións, en bungalow, albergue ou acampando, según as preferencias que teñamos.
É unha oportunidade de compartir cos colegas unha ascensión (Bisaurín 2670m, Castillo de Acher 2384m,..), un tramo do GR11 ou calquera outra ruta marcada ou sen marcar, algún fresco e caudaloso barranco pireneo, covas e simas de dificultades diversas, escaladas por tremendas paredes, travesías con pernocta en refuxios sen ou con guarda, coñecer o abundante megalitismo da zona, sen esquecer esa aproximación aos pobos tan ben conservados e a cultura Alto Aragonesa.

Proximamente máis información de rutas e demáis actividades.

Prezos:
Aloxamento: información na oficina do Club
Autobús: Socios 145 (pago antes de 20 de xullo 125) Non Socios: 180 (pago antes de 20 de xullo 160)
Socios menores de 35 anos: 100€
Familias asociadas (2 adultos e 2 menores): 350€
Data limite de inscrición:
31/07/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net