Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Actividades das Federacións

17-18 de febreiro. CURSO MONOGRÁFICO DE TÉCNICAS DE AUTOSOCORRO (EGE)
17-18 de febreiro. CURSO MONOGRÁFICO DE TÉCNICAS DE AUTOSOCORRO (EGE)
Data:
17/02/2018
Organiza:
FGE
Curso Monográfico Técnicas de Autosocorro en Espeleoloxía impartido pola Escola Galega de Espeleoloxía (E.G.E.) os días 17 e 18 de febreiro en Cobas (Ourense).

Obxectivos

-Saber reaccionar ante un primeiro incidente ou accidente de espeleoloxía.
-Empregar as técnicas básicas de autosocorro; croll conta croll, balanceo con pedal, cabo largo, etc.
-Utilización de outras técnicas como poleas, etc.
-Proporcionar axuda necesaria para baixar ao compañeiro.
-Aplicar as distintas normas de seguridade segundo o caso minimizando o esforzo.
-Coñecer tódolos procedementos secundarios ao accidente ou incidente.

Destinatarios

Tódalos maiores de 14 anos federados en espeleoloxía no ano en curso que posúan un Curso de Iniciación en Espeleoloxía ou acrediten a experiencia necesaria no manexo dos aparatos de progresión vertical con soltura.

Prazas ofertadas

8 prazas por curso, por rigorosa orde de inscrición.
Para a realización do curso deberan cubrirse un mínimo de 4 prazas.

Prezo

50 euros.
A manutención e desprazamentos serán por conta do alumnado.

Horario

Sábado, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 21:00 horas.
Domingo, de 09:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.

Datas de realización

17 e 18 de febreiro de 2018.
Data limite de inscrición:
02/02/2018



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net