Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

15 novembro. CONFERENCIA DE CARLOS SORIA: ALPINISMO DESPOIS DOS 70 ANOS
15 novembro. CONFERENCIA DE CARLOS SORIA: ALPINISMO DESPOIS DOS 70 ANOS
Data:
15/11/2017
Colabora:
AFUNDACIÓN
MONTAÑEIROS CELTAS: 75 ANOS DE AVENTURA

DATA: 15 novembro
LUGAR: Sede Afundación Vigo (R/ Policarpo Sanz 24)
HORA: 20:00
Carlos Soria, de 78 anos, segue subindo grandes montañas, inmerso no proxecto de alcanzar as máis altas da Terra, os catorce ochomiles (só lle faltan dous), que vai máis aló de ser un fito deportivo. Ademais da culminación dunha carreira dedicada á montaña, os valores transmitidos por Carlos, como exemplo de tenacidade e superación, convertéronse nunha auténtica referencia internacional. É o único alpinista que escalou once montañas de máis de 8.000 metros despois de cumprir os 60 anos.- A conferencia consiste nun percorrido polas montañas que escalou despois de cumprir 70 anos, con fotos e vídeos curtos, ademais dalgunhas fotos antigas comparando como cambiou todo, e tamén falando sobre os seus adestramentos.

A conferencia será presentada por Sechu López. Socio de Montañeiros Celtas, Ex-presidente. Alpinista. Montañeiro e  aventureiro

Data limite de inscrición:
15/11/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net