Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

S. Actividades Sociais

29 de outubro. PEQUEMARCHA TATÍN (MONDARÍZ). XA NON QUEDAN PRAZAS!!
29 de outubro. PEQUEMARCHA TATÍN (MONDARÍZ). XA NON QUEDAN PRAZAS!!
Data:
29/10/2017
DATA: 29 de outubro
LUGAR: Tatín (Mondariz)
HORA comenzo: 11,00h en Aparcamento Tatín
HORA REMATE: 18,00h.

Do Verdugo ao Tea, nos dous ríos as súas augas proceden da Serra do Suido, unhas van cara a Ría de Vigo e outras van cara o Miño, estes ríos proporcionan unha riqueza hídrica inmensa a toda a comarca, ademáis de paixasística, ecolóxica, lecer, deportiva, ... etc.
Faremos unha rutiña á medida dos máis pequenos e pequenas, e aproveitaremos o percorrido para aprender un montón de cousas, xantaremos compartindo as viandas que levemos e antes de volver á casa... ¡unha grande sorpresa!!! que mantemos en secreto para que cause todo o seu efecto.

Para chegar ao aparcamento Tatín: Vigo-Mondariz-Tatín. Vos pasaremos a ubicación se a precisades. Unha Suxerencia: Saíde da autovía en Cans en dirección Ponteareas pola N120, para non ter que cruzar o centro de Ponteareas.

Ademais de levar roupa e calzado axeitados, tamén gorra, crema solar e comida e auga!

Inscricións ata o día 25 de outubro
PREZOS: - nenos menores de 2 anos 0€ - nenos socios: 5 euro - nenos non socios: 6 euros - adultos socios: 8€ - adultos non socios: 10€
Data limite de inscrición:
25/10/2017



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net