Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Podes consultar toda a información das actividades pasadas pinchando no botón "Actividades Pasadas".
30.10.2021
LUGAR: O Courel
SAÍDA: día 30 ás 10h. dende o Club
REGRESO: día 1 ás 20h

Celebramos este ano o 25+1 Campamento Infantil Xuvenil Espeleoloxía, o 25 aniversario correspondía nese fatídico ano da covid19 o 2020, así, neste ano 2021, celebramos e actualizamos aniversario dende aquel primeiro Campamento onde se deron cita máis de 30 participantes para descubrir o que era unha cova.

Pasaron 26 anos e a maioría daqueles participantes no primeiro campamento infantil xuvenil de espeleoloxía organizado por Montañeiros Celtas, primeiro tamén en Galicia, xa deixaron este deporte, pero queremos atraelos para introducirse unha vez máis no medio subterráneo, e así de paso, facer de monitores dos novos e novas espeleólogas que queiran comenzar a "a ver na escuridade e oir no silencio" e, como non, compartir lembranzas, vivenzas e "embarrarnos" un pouco.

Nesta celebración toca ir de "maiores": aloxamento en albergue e ceas e almorzos de restaurante, asi que nada de ir de tenda ou de pavillón, ou do que cadrara. Se os tres días non tendes disponibilidade podedes axeitalo a dous ou a un.

PREZOS. (total: 60€) (desconto de 10€ para socios/todo o campamento)

Aloxamento 12€/día                                                                                                     Cea 10€/día                                                                                                          Almorzos 3€/día

Desprazamento 10€ (en coches particulares) (se hai moitos menores é posible que se precise o apoio de algunha nai ou pai para traslado)





Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 info@celtas.net