Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Podes consultar toda a información das actividades pasadas pinchando no botón "Actividades Pasadas".
08.07.2017

DATAS: 8 e 9 de xullo
LUGAR: Ría de Vigo

Un ano máis convocámosvos para pasalo ben na xornada dos días 8-9 de xullo desenvolvendo actividades moi diversas que nos permitirán “saborear” a nosa Ría a través de diferentes modalidades deportivas:
1.Cruzaremos a ría de Vigo en kaiak dende a praia de O Bao.
2. Introducirémonos unha fermosa furna, facendo así un chisco así, á espeleoloxía e a o mundo soterrado, onde o mar é o protagonista.
3.Escalaremos algunha das vías de escalada en Donón, deixándonos seducir por unha espectacular pasaxe.
4.Camiñaremos por vilas, aldeas, e campos descubrindo fermosos recunchos.
5.Cruzaremos de novo a Ría, pero esta vez nadando preto da Ponte de Rande, e finalmente
6.Coa bicicleta e a golpe de pedal chegaremos ao noso refuxio no Monte Aloia.
Como noutros anos teremos apoios loxísticos durante o desenvolvemento das actividades.
Como sabedes podedes anotarvos a todas as actividades ou parcialmente á que sexa do voso interese.
Requisito imprescindible: Moitísimas ganas de pasalo ben

PREZOS:

Actividade completa:
Socios entre 18-35 años: 35€
Non socios entre 18-35 años: 45€
Socios máis de 35 años: 45€
Non socios máis de 35 años: 55€

Para as persoas que non fagan a actividade completa os prezos son os seguintes:

Participación nas actividades do 1º día: 30€ (kaiak, furna, escalada e sendeiro)
Participación nas actividades do 2º día: 20€ (natación e bicicleta)

* No prezo inclúese o aluguer da piragua, material para realizar a actividade de espeleoloxía e escalada, transporte da bici desde a praia do Bao hasta o inicio da actividade de BTT en Rande, camiseta da actividade que se entregará con posterioridade á súa realización no club, autobús Monte Aloia- Praia do Bao- local social, avituallamentos líquidos e sólidos ao longo da proba, comida e cea do sábado e almorzo e comida do domingo.

O número máximo de participantes na actividade de kaiak é de 30 persoas, polo que terán preferencia nesta actividade, en primeiro lugar, as persoas que se anoten a todas as actividades, e en segundo lugar, os que se anoten ás actividades do 1º día completo.
12.10.2017

DATAS: 12 a 27 de outubro

Ábrese a PREINSCRICIÓN para esta actividade, dende hoxe ata o día 5 de maio.
Grupo máximo: 12 participantes
Prezo aproximado:
- Aloxamento, manutención e visado: 550€ (non inclúe refrescos, cervexa,..)
- Avión ...por determinar

REUNIÓN preinscritos e interesados: 19/05 ás 20:00h no local social.

NON PERDAS ESTA OCASIÓN!!!



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net