Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Podes consultar toda a información das actividades pasadas pinchando no botón "Actividades Pasadas".
16.11.2019
DATA: 16 de novembro
LUGAR: Recinto Expourense
HORA: a determinar

O “Campionato Galego de Escalada de Bloque” está composto por unha única proba.
Durante a proba aplicarase o regulamento de escalada da FGM que é o mesmo que aplica a FEDME para o ano 2019.
As categorías por xénero
Senior
Sub – 18, todos aqueles e aquelas que cumpran os 16 ou 17 durante o 2019.
Sub – 16, todos aqueles e aquelas que teñan os 12 anos cumpridos o día da competición e que como máximo cumpran os 15 anos durante o 2019. É necesario enviar a autorización para a participación de menores.

Do resultado da competición sairán os campións e campioas de Galicia en Escalada de Bloque por categoría e xénero.
O prazo de inscrición rematará o luns día 11 de novembro as 14 horas, ou ben, esté cheo o cupo de competidores ou competidoras por categoría.
É obrigatorio ter a licencia deportiva do ano en curso no que se celebra o campionato coa cobertura na área de escalada. A licencia pode ser autonómica FGM ou nacional FEDME.




Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net