Animación do posible parque eólico na Serra do Galiñeiro

Actividades

Podes consultar toda a información das actividades pasadas pinchando no botón "Actividades Pasadas".
27.05.2018
DATA: 27 de maio
LUGAR: DONÓN-AREAL DE BARRA-PRAIA DE MELIDE
HORA comenzo: 10,30h no aparcamento de Cabo Home
HORA finalización: 18:00h

Volvemos a esta emblemática e fermosa zona do Morrazo, nesta ocasión para percorrer unha parte do sendeiro azul (os sendeiros azuis están ligados ás praias e ao turismo sostible) que percorre Cabo Home e a Costa da Vela.
Comenzaremos o percorrido na amplia explanada de terra habilitada para aparcar os coches en Cabo Home, dende aquí iremos a Donón e continuaremos ata as dunas e areal de Barra dende onde retornaremos a explanada dos coches para rematar a continuación na praia de Melide. Se non hai retrasos contamos con poder comer en Melide e disfrutar da tarde no entorno da praia.
Inscricións ata o día 24.

Prezos:
- menores de 2 anos 0€
- menores de 2 anos en diante socios: 1 euro
- menores de 2 anos en diante non socios: 2 euros
- adultos socios con licencia: 1€
- adultos socios sen licencia: 2€
- adultos non socios: 3€

23.06.2018
DATA: 23 e 24 de xuño
LUGAR: Pinténs - Hio, Cangas
SAÍDA: sábado 23 de xuño ás 11:30 h no cámping
REGRESO: domingo 24 de xuño ás 18:00 h

REVISAR TODO O TEXTO....

En xuño presta ir de acampada, pois se o estás desexando esta é a túa fin de semana, Pequemarcha de cámping en Pinténs (Cangas), un paraíso para descubrir e gozar. Iremos ao Facho de Donón con nocturnidade (acordádevos dos frontais). Haberá praia e outras moitas cousas. Como recordatorio: tenda de campaña (¿ou queredes durmir ao pairo?), saco de durmir, esterilla, gorra, crema solar, toalla, sombrilla, comida, auga, etc., e todo o necesario para camiñar cómodo e para darse un baño. Non esquezades frontal .

PREZOS: Socios: adultos 10 €, nenos 8 € Non socios: adultos 12 €, nenos 10 €. (estes prezos inclúen só o camping) L



Camelias 78, Oficina K 36211     VIGO - Pontevedra
T: 986 438 505 F: 986 912 220 info@celtas.net