DATA: a determinar según disponibilidades
LUGAR: Bueu
O Club Montañeiros Celtas en colaboración coa Escuela de Buceo Ons propoñemos:
Curso de Merfullador Dúas Estrelas B2E: Curso para a obtención da titulación nacional de B2E da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS) e internacional da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas (CMAS).
Comprende tanto as clases teóricas como prácticas (en augas confinadas e en augas abertas), cunha carga lectiva mínima de 15 horas, e que capacita para mergullar ata 40 metros de profundidade cos condicionantes proprios da titulación. A cada alumno se lle facilitará todo o material necesario para a realización das prácticas. Para poder realizar este curso, o alumno deberá ter a titulación de B1E ou equivalente, e a especialidade de Soporte Vital Básico aplicado ao mergullo (SVB) de FEDAS. Para aqueles que superen o curso se lles tramitará a titulación nacional e internacional. Con este curso se inclúe a especialidade de Mergullo Nocturno (BN).
PREZOS SOCI@S:
Cursos de 2 persoas: 360€ por persoa
Cursos de 3 ou 4 persoas: 310€ por persoa **Se aplicará este prezo en canto se confirme o grupo de 3/4 persoas
É necesario ter a licenza da FEGAS ou outra Federación asociada á FEDAS
Se estades interesados podedes inscribirvos e nos poñeremos en contacto con vós para determinar unha data.